Verducido, disposta a ceder terreos para a futura cidade deportiva do Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol non se esquece da súa vella xa aspiración de construír unha cidade deportiva na que poder desenvolver a súa actividade e a de todos os seus equipos de base.
Durante os últimos meses a directiva granate barallou varias posibilidades para esta instalación.
Unha desas opcións partiu da Comunidade de Montes de Verducido, en colaboración con Lérez, que ofreceu ao Pontevedra a posibilidade de ceder o actual campo de fútbol de Monte Balado e terreos lindeiros nos que se poida desenvolver a cidade deportiva.
"Nos parecía lamentable que el equipo de la ciudad estuviese barajando marcharse a Marín o Cotobade", recoñece Marcos Rey, presidente dos comuneiros de Verducido. Tanto é así que "contactamos con Lupe Murillo y le gustó la idea", relata.
A cesión destes terreos será tratada o vindeiro domingo 10 de marzo nunha asemblea convocada no Centro Social de Verducido (9:00 horas primeira convocatoria e 11:00 horas en segunda) para coñecer a opinión dos veciños, propietarios dos terreos en cuestión.
"Si lo aprueban los vecinos estaría todo en el tejado del Pontevedra", asegura Rey defendo a posibilidade de situar alí a instalación deportiva porque "está a un paso de Pontevedra".
A idea da Comunidade de Montes, que mantivo nos últimos meses varios contactos co club granate, sería a de ceder o campo de Monte Balado e os terreos lindeiros por un período de 30 anos prorrogables por outros 30, máximo contemplado na lexislación actual.
Relacionadas:
-
Costas ve como una "posibilidad viable" construír a cidade deportiva do Pontevedra na Xunqueira de Alba
Por Diego Espiño |
-
Os comuneiros de Verducido aproban "por unanimidade" ceder terreos para a cidade deportiva do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- Lupe Murillo recoñece ter visto "dos o tres ubicaciones" para construír unha cidade deportiva
Por Ramiro Espiño |