Con tres probas completadas, as rapazas dominan a clasificación na primeira xornada da Copa de España Bic Open
Por Redacción
A Copa de España da clase Bic Open, botou andar na xornada do venres. A regata, organizada polo Club Náutico Combarro, por delegación da Real Federación Española de Vela, recibía un total de 27 regatistas procedentes de Cataluña, Baleares, Murcia, Andalucía, País Vasco e Galicia, en idades comprendidas entre os 8 e 16 anos.
A primeira hora da tarde dábase o sinal de saída da 1ª proba, cun vento estable pero intenso que provocou bastantes xiros, pero que gustou aos participantes, que eloxiaban o campo de regatas.
Unha vez finalizadas as probas, grazas á Asociación A Solaina, os regatistas, adestradores e acompañantes, puideron coñecer mais a fondo Combarro, a súa cultura e as súas orixes, realizando unha ruta turística guiada o seu centro histórico.
En total, puidéronse completar un total de tres probas, sendo a clasificación provisional a seguinte:
1º: Marta Davila, do Club Náutico Vilasar de Mar (Cataluña). 2º: Paula Igual, do Club Náutico El Masnou (Cataluña). 3º: Carlos Hortensius, do Club Náutico Santa Eulalia (Eivissa). 4º: Manuel Fernández, do Club Náutico Hondarribia (País Vasco). 5º: Victor Albert, do Club Náutico Santa Eulalia (País Vasco). 6º: Claudia Sobral, do Club Náutico Combarro (Galicia).
Para a xornada do sábado están programadas 5 probas.