Paso adiante do Voleibol Pontevedra na Primeira División Galega
Por Redacción
Importante vitoria a conseguida polo Club Voleibol Pontevedra Alianza Española de Seguros na Primeira División Autonómica.
O conxunto pontevedrés impúxose ante un rival directo, o AD Xiria, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva e mantén as súas opcións de escalar posicións na táboa clasificatoria pensando no play-off polo Campionato Galego.
O CVP mostrou un alto nivel ofensivo e foi regular tácticamente no apartado defensivo para dominar as tres mangas que durou o encontro.
Desta forma as locais venceron por un tenteo de 25-18, 25-20 e 25-21.
Na seguinte xornada, o sénior feminino do Club Voleibol Pontevedra visitará ao CV Narón noutro choque crave para conseguir achegarse aos primeiros postos da clasificación. Polo momento coa súa última vitoria mantéñense na sétima praza con 15 puntos.