Vicente Poveda convértese no primeiro reforzo de inverno do Teucro

Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro xa ten ao primeiro dos reforzos que buscaba para cubrir as saídas de Dani Hernández e Natan Suárez.
Trátase de Vicente Poveda, lateral esquerdo alacantino de 26 anos que chega a Pontevedra procedente do VfL Potsdam, equipo da Terceira División alemá e filial do Füchse Berlín, onde militou nos últimos meses.
Poveda afrontará así o reto máis esixente da súa carreira, debutando na Liga Asobal tras pasar por equipos como o BM Alarcos de Cidade Real na División de Honra Prata, o San José Obrero de Lanzarote ou o BM Preter, onde se formou.
"É un xogador completo, que nos achegará tanto en ataque como en defensa", asegura o seu novo adestrador, Luís Montes, tras sinalalo como "peza clave" no Alarcos que disputou a fase de ascenso á máxima categoría o curso pasado.
O lateral alacantino comprométese co Teucro ata final de tempada con posibilidade doutra opcional.
Relacionadas:
-
Malas noticias para o Teucro: Juan Quintas perde o que resta de tempada
Por Diego Espiño |
-
O Teucro ficha o lateral brasileiro Yano Piovarczik
Por Diego Espiño |
-
O Teucro recupera efectivos coa eliminación de Arxentina no Mundial
Por Redacción |
-
Guillermo Fischer, representación teucrista no Mundial de balonmán
Por Redacción |
-
O Teucro volve ao traballo mentres segue á caza dun último reforzo
Por Diego Espiño |
-
O Teucro gaña o Torrelavega pero queda eliminado da Copa (29-27)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Continuidade para o terceiro proxecto de Carlos García-Alén na presidencia do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Dani Hernández emociónase no anuncio da súa marcha do Teucro para ir vivir a Cantabria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Natan Suárez asina co Cuenca horas despois de deixar o Teucro "por problemas familiares"
Por Redacción |