A Seca súmase ao Campus de Verán Fundación Celta de Vigo que se celebrará en seis localidades máis da comarca
Por Redacción
A Fundación Celta de Vigo presentou o campus de verán que desenvolverá en Pontevedra do 24 ao 29 de xuño en colaboración coa Agrupación Cultural Deportiva A Seca.
A iniciativa, á que tamén se apuntaron Portonovo (24 a 29 de xuño), Ponte Caldelas (24 a 29 de xuño), O Grove (1 a 6 de xullo), Marín (8 a 13 de xullo), Bueu (15 a 20 de xullo) e Vilagarcía (29 de xullo a 3 de agosto), está dirixida a nenos de 4 a 15 anos.
O campus estará centrado nos adestramentos e perfeccionamiento de coñecementos técnicos e tácticos do fútbol a cargo de adestradores titulados, pero tamén fará fincapé na aprendizaxe do inglés cunha monitora bilingüe que acompañará aos nenos nas sesións.
Coa inscripción para as xornadas os novos futbolistas recibirán un lote de adestramento de produtos do Celta incluído no prezo, que se fixou en 160 euros, 130 para abonados do club vigués e equipos conveniados.
Para máis información os interesados poden dirixirse á páxina web www.fundacioncelta.com.