O Desafío Edox repartirá máis de dez mil euros en premios na XVI Regata de cruceiros de Aguete
Por Redacción
Unha vez asinado o acordo, o Real Club de Mar de Aguete anunciou que a XVI Edición da tradicional Regata Cruceros de Aguete, ademais de ser o Gran Premio Deputación de Pontevedra, como dende hai catro anos e I trofeo Setga na etapa reina do programa, tamén terá un desafío para os participantes, concretamente o Desafío Edox, dotado duns premios aos gañadores consistentes en produtos de alta gama da firma reloxeira suíza, por valor superior aos 10.000 euros.
A regata que organizará o club marinense desenvolverase na ría de Pontevedra os días 3 e 4 de agosto co formato habitual, é dicir, o sábado a regata raíña, etapa larga de 30 millas circundando os faros da Illa de Ons e o porto de Bueu, mentres que o domingo serán dous percorridos tipo barlovento/sotavento fronte ao club.
Puntuable para o Campionato de España Zona Noroeste, o pasado ano xa tivo unha das participacións máis destacadas da comunidade galega en canto a número e sobre todo en canto a calidade, sendo o vencedor da etapa raíña no que fora trofeo Florentino, o coruñés "Gómez Mostly" (Prima 38 - Andrés Soto - RCN Coruña) mentres que xa sumada a xornada do domingo, o vencedor absoluto do Gran Premio Deputación de Pontevedra foi o "Solventis" (X-37 - Manuel Bermúdez - MRCY Bayona).
As bases para a regata deste ano co regulamento particular do Desafío Edox serán publicadas polo Real Club de Mar de Aguete nas próximas datas.