Vitoria de Angulo, do Rías Baixas, e liderado para Vega, do Froiz, tras a segunda etapa da Volta
Por Oskar Viéitez
O conxunto galego do Rías Baixas logrou en Sanxenxo a súa primeira vitoria na Volta a Galicia co triunfo de Antonio Angulo. O ciclista cántabro foi o máis rápido entre o grupo de apenas quince corredores que sobreviviron ao porto da Escusa, unha primeira categoría que se cobrou ao líder da carreira, unha camisola amarela “Xunta de Galicia” que segue en poder do Froiz, aínda que agora en mans do Campión de España Sergio Vega.
A etapa con saída e chegada en Sanxenxo e 148 quilómetros de percorrido estaba considerada como a raíña desta edición da Volta. Os compoñente do Froiz, lideres tras a crono do primeiro día, tentaron exercer o control desde os primeiros instantes.
A primeira fuga de entidade saltaba ao primeiro de vez e foron oito ciclistas cos galegos José Luis Mariño (Cambre) e Iñigo Rodríguez (Aldro) ademais de Lopes (Guerciotti), Mirafuentes (Gomur), Silva (Maia), Segovia e Raeymaekers (Kuota) e Bennassar (Polartec). Este grupo chegou a ter 2:55 de vantaxe.
A dureza do trazado na súa parte final foi demasiada para a aventura dunha fuga que xa na subida a Armenteira ía perdendo unidades ata que foron absorbidos cando se coroaba o Alto do Busto de segunda categoría. Sen apenas tempo para a recuperación, os ciclistas enfrontáronse entón ás ramplas da Escusa, o porto máis alto desta edición da Volta a Galicia, unha primeira categoría cuxa dureza facía para que o pelotón se fraccionase completamente.
Na cima coroaba un grupo de quince elixidos entre os que xa non estaba o líder e que rodaba camiño de Sanxenxo con máis de dous minutos sobre o pelotón. Desta cabeza de carreira tentaron irse Piasetski (Kuota), Angulo (Rías Baixas) e De Mateos (Cortizo Anova) pero os seus compañeiros de foxen evitárono.
Na meta da praia de Sanxenxo, triunfo final do "Chava" Angulo por diante de Raúl García de Mateos (Cortizo Anova) e Sergio Vega (Froiz) que se converte no novo líder da Volta. O seu compañeiro no conxunto pontevedres, Martín Lestido acaba a xornada como segundo na xeral co mesmo tempo e se enfunda a camisola azul de primeiro galego. O gañador da Volta a Galicia 2016, Samuel Blanco (Cortizo Anova) é o novo líder da Montaña e Iñigo Elosegui (Lizarte) líder sub 23.