Presentan en Pontevedra unha asociación para dignificar a figura do porteiro no fútbol
Por Diego Espiño
Catro cancerbeiros como Agustín Elduayen, César Pazos, Sergio Castiñeiras e Diego Tuñas se uniron para formar a Asociación Galega de Porteiros e Adestradores de Porteiros, que presentaron este mércores na sede pontevedresa da Federación Galega de Fútbol e coa que pretenden mellorar a formación de deportistas e técnicos nun posto tan espécifico.
A asociación nace co obxectivo de axudar aos adestradores de equipos con poucos recursos para que poidan mellorar a preparación dos seus porteiros. Para iso a intención é organizar diversas actividades, dende diferentes charlas con profesionais pasando por campus e clinics de adestramento, segundo recoñece Sergio Castiñeiras, "muchas veces hay un problema de base, que hay sólo un entrenador para 25 niños y le pueden faltar conocimientos en formación de porteros. Nuestro objetivo es llegar a esos entrenadores".
O pasado mes de outubro puxeron xa en marcha unha escola piloto en Noalla dirixido a gardametas en diferentes idades de formación, aos que se lles preparan sesións específicas e complementarias ás que realizan cos seus clubs, unha iniciativa que está resultado moi positiva e que esperan estender a partir da próxima tempada a outras demarcacións xeográficas.
Os impulsores do proxecto puxeron en marcha unha páxina de Facebook e un perfil de Twitter (@AsoGalPor) nos que se pode atopar máis información da asociación.