Indepo e Interrías FS únense para impulsar o fútbol base feminino
Por Diego Espiño
O crecemento do fútbol feminino é imparable, e Pontevedra non quere quedar atrás. É o que han pensando os responsables do Integración Deportiva Pontevedra (Indepo) e o Interrías FS de Sanxenxo, que uniron as súas forzas para potenciar equipos de base compostos exclusivamente de nenas.
Ambos os dous clubs asinaron un acordo de colaboración que lles permitirá compartir a ficha federativa de xogadoras para participar na liga Promesas que impusla a Federación Galega de Fútbol (categorías prebenxamín, benxamín e alevín) e tamén para a categoría infantil, compaxinando a súa actividade entre o fútbol e o fútbol sala.
"Creo que es un proyecto bueno para el fútbol pontevedrés", defende Fernando Moreno, responsable do Indepo.
Os adestramentos destes equipo terán a súa base en Pontevedra os martes (fútbol-8) e venres (fútbol sala), mentres que os partidos que se xoguen baixo as cores do Interrías terán lugar en Sanxenxo.
Esta iniciativa, que esperan poida consolidarse para ir creando equipos en máis categorías, manterá a filosofía do Indepo coas familias en risco de exclusión, polo que as nenas provenientes de familias con problemas económicos ou con pais desempregados non terán que pagar cota de inscrición.