Portonovo e Sanxenxo empatan en Baltar (1-1) e garanten unha última xornada de infarto
Por Redacción
O Portonovo desaproveitou a súa primeira bóla de partido polo ascenso no duelo de rivalidade ante o Xuventú Sanxenxo en Baltar (1-1).
Os arlequinados estiveron máis de media hora virtualmente en Terceira División despois do gol de Suso Vidal no minuto 49 no lanzamento dunha falta. Antes o partido desenvolvérase con moita igualdade con dous equipos que non querían cometer erros conscientes dos moito que había en xogo.
Nun Baltar coas bancadas repletas os amarelos non se resignaron e lograron empatar o choque no minuto 83 grazas a Suso momentos despois de que os locais quedasen en inferioridade por expulsión de Angelillo, aprazando a festa no bando local e mantendo intactas as súas opcións nunha última xornada de infarto.
A pesar de que Manu Sieiro tivo nas súas botas o tanto do ascenso para o Portonovo o marcador xa non se moveu deixando a clasificación apertada ata o extremo, cos arlequinados en segundo lugar e o Sanxenxo terceiro. En total ata cinco equipos chegan ao final de liga nunha marxe de tres puntos para repartirse as dúas primeiras prazas que garanten o salto de categoría.
PORTONOVO SD (1): Marcos Bermúdez, Caste, César, Melchor, Iván Renda, Suso Bea (Angelillo, min.78), Suso Vidal, Nacho, Víctor, Martín (Manu Sieiro, min.54), Gándara.
XUVENTÿ SANXENXO (1): Vladimir, Minso, Darío, Alfonso (Suso, min.62), Javi, Fiti, Diego Blanco, Deivi (Diego Vidal, min.85), Álex Galdames (Cuchi, min.67), Nel, Curri.
Árbitro: Cousillas Collazo (A Coruña). Amoestou ao local Gándara e aos visitantes Álex Galdames e Darío. Expulsou con vermello directo a Angelillo (min.81).
Goles: 1-0 Suso Vidal, min.49; 1-1 Suso, min.83.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo ante unha gran presenza de afeccionados.