O Club Voleibol Pontevedra feminino fai balance da tempada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, recibiu este xoves ao equipo feminino do Club Voleibol Pontevedra despois de conseguir o primeiro posto na fase inicial da Copa Galicia e concluír na terceira posición en liga, clasificándose para a fase de ascenso a Primeira División.
A pesar de gañar o dereito a pelexar por subir de categoría, as pontevedresas tiveron que renunciar a competir por problemas persoais, lesións dalgunhas xogadores e os custos que podería supoñer un desprazamento longo, un contratempo que se podería solucionar en próximas tempadas organizando a fase final, proposta que dende o Concello se comprometeron a estudar.
O Voleibol Pontevedra conta actualmente con aproximadamente 150 xogadores entre os equipos sénior e de base e 70 nenos máis nas escolas deportivas municipais.