Un Marín moi minguado cae en Valladares (2-0) e certifica o seu descenso
Por Redacción
Co vento como protagonista e nun partido intranscendente, Valladares e Marín ofreceron un partido aburrido e con escasas oportunidades de perigo, que unicamente serviu para certificar a permanencia do equipo local e o descenso xa consumado do Marín.
Toño Lodeiro aproveitou para facer debutar co primeiro equipo a dous xogadores en idade xuvenil e outros dous cadetes. Así Pierre, Bles, Pirulo e Javi Díaz vestiron por primeira vez a camiseta marinense nun partido oficial.
O primeiro gol chegou como consecuencia dun saque de banda case no medio campo. Romeiro e Tinaia non acertan a despexar e ÿscar marcou a pracer. A xogada rematou de descentrar un Marín que a partir de aí pouco puido facer.
C. D. VALLADARES (2): Fran; Gonzalo, Suso (Chori, min. 45), Luis, Cristian; Miguel (Jorge, min. 82), Cacho; Tomás (Lijó, min. 70), Calado, Víctor (Mario, min. 58); e ÿscar .
MARÍN C. F. (0): Pablo González (Javi Díaz, min. 80); Edu Corrales, Romero, Tinaia, Agus; André, Marcos Quintana (Pierre, min. 65); Agustín Doce, Joaquín, Borja Rial ( Bles, min. 65); e Dani (Pirulo, min. 80).
Goles: (1-0) Minuto 14: ÿscar. (2-0) Minuto 50: Miguel.
Árbitro: García Vázquez (Lugo), auxiliado nas bandas por Guedella e Crespo. Amoestou a Cristian e Pablo González.
Incidencias: Campo da Gándara (Valadares) 150 espectadores.