A base do voleibol autonómico reúnese no CGTD
Por Redacción
O pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra vivirá o vindeiro sábado 7 de abril unha xornada de auténtico voleibol para as categorías de base.
Nesta pista disputarase a fase zonal do Campionato Galego para as categorías alevín (masculina e feminina) e benxamín (feminina).
En total reuniranse no CGTD preto de 150 mozos e mozas deportistas de diferentes clubs da comunidade, nunha xornada que arrincará ás 10:00 horas.
Pola mañá está prevista a disputa da fase de grupos, mentres que en horario de tarde terán lugar as eliminatorias ata as finais previstas para as 18:00 horas da tarde. En xogo, na categoría alevín, acceder á fase final da competición autonómica e que disputará os 8 mellores clubs.
"O que nos interesa é que os rapaces vexan o bonito que é o voleibol", sinalou na presentación da competición Ramón Baña, secretario da Federación Galega de Voleibol, acompañado de Patricia Valcárcel, representante do Club Voleibol Pontevedra, e da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.