O Marín Peixe Galego imponse ao Básquet Coruña (92-84) e loitará en Madrid por acceder á LEB prata
Por Redacción
Joseba Aramburu e Lucho Fernández, cunha actuación estelar e un espectacular 74 de valoración entre ambos os dous, levaron en volandas ao Marín Peixe Galego ata a vitoria sobre o Básquet Coruña (92-84) e con ela a asegurar a presenza do conxunto marinenses na fase de ascenso á Liga LEB Prata, que se disputará en Madrid do 24 ao 26 de maio próximo.
Os xogadores que adestra Javier Llorente, saltaron á pista moi mentalizados do que estaba en xogo. Malia que para o cadro coruñés o partido era de trámite, os visitantes non regalaron absolutamente nada. Tras impoñerse con claridade no primeiro cuarto, o Peixe Galego baixou lixeiramente o seu nivel cedendo os dous parciais seguintes, ata entrar no último con só dous puntos de vantaxe.
Apoiándose na experiencia de Aramburu (31 puntos), e Lucho Fernández (23 puntos), os marinenses conseguiron as rendas para rematar conseguindo unha vitoria que lles dá a clasificación, se ben, tras a derrota de Estudantes de Lugo en Zamora, non tivese sido necesaria.
MARÍN PEIXE GALEGO (92): Manu Ferreiro (8), Luis González (15), Joseba Aramburu (31), Cedric (6), Lucho Fernández (23) -cinco inicial-, Álex Fernández (9), Kiril Podkovyrov e Pablo González.
BÁSQUET CORUÿA (84): Adrián Rodríguez (18), Carlos Noguerol (10), Ascenso (9), Rubén Rey (6), Pablo Nogueira (11) -cinco inicial-, Tomé Roche (9), Sánchez, Julio Flores (7), Marcos Escobar (2), Enrique ÿrcola (7) e Gerardo Dorda (5).
Árbitros: Alberto Castro Rodríguez e Cristina García Fernández (Galicia).
Marcadores parciais (cada cuarto): 22-14, 19-23 (41-37, descanso), 22-24 (63-61) e 29-23 (92-84, final).
Incidencias: Pavillón de A Raña. 350 espectadores.