Samieira goza coa VII edición do BTT Concello de Poio
Por Redacción
Preto de 150 deportistas disputaron o pasado domingo en Samieira a VII edición do BTT Concello de Poio.
A proba, terceira cita do circuíto galego da especialidade, discorreu por un vistoso circuíto no que se impuxo, en categoría sénior, Amancio Espiñeira, corredor do Club Ciclista Costa Vella, cun tempo de 1:19:28, seguido de Manu Túñez e Adrián Rilo.
En étite sub-23 o vencedor foi Mauro González do CC Salvaterra de Miño, mentres en elite feminina tan só concluíu a proba María Blanco.
As categorías máis concorridas foron as de afeccionados de máis de 30 anos e 40/50. En Máster-30 o triunfo foi para Alejandro Magallanes, mentres en 40/50 o primeiro posto levouno Miguel Ángel Arias, do Monteferro Bike Club.