Dous penaltis fallados e derrota en Atios (2-1) para un Sanxenxo que ve afastarse o ascenso
Por Redacción
Tres xornadas sen gañar son demasiada lousa para un equipo que aspira ao ascenso de categoría.
O Sanxenxo, tras caer na casa do Atios (2-1) suma ademais a súa segunda derrota consecutiva e ve afastarse a segunda praza a catro puntos.
Os de ÿscar García adiantáronse no marcador cun tanto de Nel, no minuto 50, aínda que a alegría durou pouco e Jacobo poñía as táboas uns minutos antes do gol que supoñía a remontada dos locais, obra de Curiel.
O infortunio cebouse cos amarelos, que marraron dúas penas máximas, unha de Cuchi no 54 con empate no electrónico, e outra, máis dolorosa se cabe, no tempo de desconto a lanzamento de Nel. Borja parou os dous lanzamentos converténdose no heroe do seu equipo.
UD ATIOS (2): Borja, Bubi, Martoto, Lira (Tomás, min.56), Berto, Valiente, Jacobo (Kike, min.56), Telmo, Romero (Jonhy, min.64), Curiel (Cuesta, min.82), ÿscar.
XUVENTÿ SANXENXO (1): Vladimir, Dario (Diego Vidal, min.56), Alfonso, Javi, Zalo, Cañi, Diego Blanco, Minso, Cuchi, Nel, Curri.
Árbitro: Rey Molano. Amoestou aos locais Berto, Maroto e Romero e aos visitantes Javi, Alfonso e Zalo. Expulsou por dobre amarela ao local Kike.
Goles: 0-1 Nel, min.50; 1-1 Jacobo, min.52; 2-1 Curiel, min.66.
Incidencias: Partido disputado no campo do Carballo, Porriño.