A derrota en Atios (1-0) supón a sentenza case definitiva para o Marín
Por Redacción
Era posiblemente o último cartucho para o Marín de cara a apurar as súas remotas posibilidades de permanencia e saíu mal. Os de Toño Lodeiro viaxaban cun equipo de circunstancias, mermado polas lesións e os contratiempos non terminaron aí. Tan só ían disputados catro minutos e os marinenses quedábanse en inferioridad numérica cando Pablo González saíu a despexar, pero Romero desviou o balón e o porteiro tocouno coa man impedindo que se fose ao fondo da portería. Ocasión manifesta de gol e xusta expulsión do meta visitante.
Toño Lodeiro intentou recompoñer o equipo, co único obxectivo de manter a porta a cero e tratar de aproveitar algún contragolpe que non chegou, e aínda que o Atios non foi capaz de xerar moito perigo, si acertou ao pouco de comezar a segunda parte, tras un centro de Michi que rematou Tomás de cabeza, anticipándose.
O Marín tivo a súa ocasión para o menos lograr o empate no tempo engadido, cando Tinaia estrela un lanzamento de falta no longueiro.
U.D. ATIOS (1): Borja; Lira, Monzi (Curiel, min. 65),Valiente, Romero (Michi, min. 45); ÿscar, Alberto, Cuesta, Fonde (Telmo, min. 61), Jony (Bubi, min. 61); e Tomás.
MARÍN C.F. (0): Pablo González; Alfonso (Moha, min. 84), Romero, Tinaia, Agus; Joaquín, Eric; Agustín Doce, Quintana (Carlos Arosa, min. 3), Borja; e Cristian (Santi, min.76).
Árbitro: Ordóñez Rodríguez (A Coruña), auxiliado nas bandas por Carlos Suárez e Bernardo Domínguez. Expulsou con vermello directo o porteiro do Marín, Pablo González, no minuto 3. Amoestou a Bubi.
Goles: (1-0) Minuto 51: Tomás.
Incidencias: Campo de O Carballo (Atios-O Porriño). 150 espectadores.