O Villalonga cae no duelo de rivais directos en Negreira (1-0) e ve afastarse a permanencia
Por Redacción
Eran moito máis que tres puntos. O Villalonga tiña a oportunidade de escapar dos postos de descenso se gañaba ao seu rival, pero o Negreira se levou o duelo (1-0) afastando da salvación aos pupilos de Julián Ferreiro.
Un gol do ata hai uns meses xogador celeste, Roberto Piñeiro, no minuto 14 condenou ao Villalonga, que ve agora como os postos de permanencia que marcan o propio Negreira e o Dorneda quedan agora a cinco puntos de distancia.
O conxunto de San Pedro apertou nos minutos finais consciente de todo o que se xogaban, pero non lograron bater a Sergio Ríos a pesar de facer méritos abondo para iso.
SD NEGREIRA (1): Sergio Ríos, Paco, Vidal, Gonzalo Suárez, Marcos, García, Gonzalo Iglesias, Roberto Piñeiro (Blanco, min.87), Louro (Manuti, min.72), Diego, Toja (Adrián, min.63).
VILLALONGA FC (0): Roberto Pazos, Marc, Leo, Miguel, Saúl, Nelo, Tenorio, Fran Matos (Quini, min.85), Oliveira (Ramón, min.72), Machu, Jorge Fernández.
Árbitro: Rodríguez Barreira (Vigo). Amoestou aos locais García, Vidal, Sergio Ríos e Diego Otero e aos visitantes Nelo, Machu, Oliveira e Quini.
Gol: 1-0 Roberto Piñeiro, min.14.
Incidencias: Partido disputado no Xesús García Calvo de Negreira.