Onde estaría o Pontevedra sen os puntos perdidos nos últimos minutos?
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Guijuelo alongou unha semana máis o pesadelo do Pontevedra Club de Fútbol co tempo de prolongación ao ceder un empate cando todo apuntaba a un triunfo reparador a domicilio.
Falta de concentración, intensidade ou de forzas cando os encontros chegan á súa recta final custáronlle unha importante cantidade de puntos na presente tempada aos homes adestrados por Luisito. Tanto é así que os granates, actualmente a un punto do descenso directo, estarían a pelexar polos postos de play-off de ascenso de non ter encaixado goles a partir do minuto 88 de partido.
En catro do últimas cinco xornadas de liga deixaron espacar puntos que parecían no seu peto, sempre con goles na prolongación fóra da derrota en Talavera, que chegou no minuto 88 de xogo.
Ao longo da liga foron ao limbo desta maneira ata 8 puntos, cos que sumarían 24 na clasificación para ser sextos a 3 puntos da fase de ascenso, en lugar de ser décimo cuartos con 16 puntos.
Esa sangría tivo o seu primeiro episodio na cuarta xornada da competición regular, ante o Toledo, cun gol no minuto 94 que evitou o primeiro triunfo da tempada. Reaccionou entón o equipo con tres vitorias consecutivas, aínda que en Ferrol (1-2) volveu encaixar un tanto no desconto que por fortuna non foi decisivo no marcador final.
Así, cando todo parecía encamiñarse e recuperaban posicións na táboa, chegou a xornada 11 onde todo precipitouse. En apenas sete días a Ponferradina levou o triunfo no seu estadio no minuto 95, a golpe de mércores o Fabril rabuñaba un empate no minuto 91 en Pasarón e o Talavera remontaba no 88 para levar os 3 puntos provocando a dimisión de Luisito, non aceptada polo Consello de Administración.
A pesar de que a imaxe mellorou notablemente ante o Navalcarnero (1-1) e esa tendencia continuou durante gran parte do partido en Guijuelo, onde chegaron a vencer por 0-3, dous goles nos minutos 92 e 94 do cadro salmantino botaron por terra o esforzo poñendo un novo peso nas costas do plantel.