Vencer o Navalcarnero en Pasarón, única medicina posible para superar a inestabilidade
Por Diego Espiño
Foi quizais a semana máis movida dos últimos anos no Pontevedra, onde teñen claro cal é a única receita posible para volver á tranquilidade, gañar. Os granates queren esquecer a súa semana negra e afastar a tormenta provocada pola dimisión de Luisito, non aceptada polo Consello de Administración, vencendo este domingo (17:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón ao actual quinto clasificado, o Navalcarnero.
Só tres puntos que lle fagan tomar distancia co descenso e corten a mala serie poden devolver a tranquilidade ao plantel para pensar en, aos poucos, ir escalando posicións cara a lugares máis cómodos.
Non será en todo caso unha tarefa sinxela, xa que visita Pasarón un conxunto que a pesar de encaixar 17 goles en liga está a mostrarse rochoso a domicilio, onde gañou en campos como os de Ferrol ou Ponferrada, ademais de Cerceda, e empatado ante o actual líder, Fuenlabrada.
A concentración nos instantes iniciais e especialemente nos últimos minutos de xogo, onde se escaparon os tres últimos encontros, antóllase como un dos aspectos a mellorar nun Pontevedra que ante o seu público adoita render a maior nivel.
A iso agárrase Luisito para conseguir que os seus reaccións. O técnico contará con dúas baixas seguras, a de Goldar por sanción e a de Carlos Ramos por lesión, tendo en conta que os problemas musculares que arrastra non lle permitiron adestrar con normalidade durante a semana. Ambos son xunto ao aínda lesionado Jimmy os descartes nunha convocatoria que contará co resto de futbolistas dispoñibles, 18.
O Navalcarnero pola súa banda chegará a Pasarón coa baixa por sanción do centro campista Sergio Molina. Trátase do cuarto futbolista do plantel que cumpre ciclo de amoestacións, evidenciando que se trata dun dos equipos máis tarxeteados da liga.
O colexiado encargado de dirixir o choque será David Jesús Pinto Herrera, da demarcación territorial de Tenerife.
Relacionadas:
-
Fútbol sen premio dun bo Pontevedra coa pólvora mollada ante o Navalcarnero (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O foco de atención no Pontevedra volve ao plano deportivo
Por Diego Espiño |
-
Luisito promete traballo na volta aos adestramentos: "O que non quería era ser un estorbo"
Por Diego Espiño |
-
Confianza en Luisito e revolución no plantel: "En diciembre tomaremos decisiones"
Por Diego Espiño |
-
O Consello de Administración do Pontevedra non acepta a dimisión de Luisito
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Luisito presenta a súa dimisión tras a derrota en Talavera
Por Diego Espiño |