O Mercantil divírtese xogando ao tenis praia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
É unha modalidade deportiva aínda pouco coñecida pero que, ao amparo da Federación Galega de Tenis, vai gañando aos poucos presencia nos clubs galegos.
Por iso o Mercantil animouse a organizar a primeira edición do seu propio torneo de tenis praia.
Durante a fin de semana parellas federadas e tamén de afeccionados divertíronse na pista instalada no parque polideportivo da institución, en Mourente.
Finalmente o cadro de honra do torneo compuxérono Sara Agís e María Otero como vencedoras da categoría feminina, Adrián García e Alejandro Pose na masculina e a parella composta por Lida e Adrián García na categoría mixta.
As actividades de praia preparadas polo Casino Mercantil terán continuidade a próxima fin de semana cun torneo de fútbol 3x3.