Os deportes de praia chegan ao Mercantil
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Casino Mercantil aposta polos deportes de praia na súa programación do mes de setembro, con dous eventos que estarán abertos a xogadores de toda Galicia, federados e afeccionados.
O primeiro deles, os días 16 e 17 de setembro, será o seu primeiro torneo de tenis praia, modalidade na que esperan reunir a preto de medio cento de parellas.
Os organizadores animan a sumarse aos afeccionados xa que "todo el mundo ha jugado a las palas en la playa y puede participar", sinalou o director técnico do club, Miguel Lapido, sobre unha modalidade que aínda é pouco coñecida pero que gaña adeptos.
A competición disputarase en categoría senior, por unha banda co torneo federado e pola outra co non federado e a categoría mixta.
Só unha semana despois desta cita, os días 23 e 24 setembro, o segundo dos eventos previstos é un torneo de fútbol praia 3x3, para as categorías benxamín, infantil, cadete e senior.