Terceira praza para o equipo absoluto do SAPO no campionato galego de salvamento deportivo
Por Redacción
Un terceiro posto, e xa van tres anos consecutivos, permitiu ao Club Sapo subir ao podio nos campionatos absolutos de verán de salvamento deportivo, celebrados na praia coruñesa de Laxe.
O equipo pontevedrés acudiu á cita con doce compoñentes: os xuvenís Lucía Villaverde, Alba García, José María Villaverde e Anxo López; os junior Ainhoa Rodríguez e Jorge Calvo; e os senior Bruna Nyckelle, Ángela Peleteiro, Sabela Rodríguez, Martín Tenorio, David Bemposta e Daniel Galiñanes.
Ás medallas individuais conseguidas por Bruna Nyckelle, bronce en carreira con ski de salvamento, e por David Bemposta, bronce en ocean, sumáronse tres máis obtidas en distintas probas de relevos: a prata do equipo feminino en taplin e en rescate con tubo, e a prata do equipo masculino en taplin.
Cinco preseas que, unidas a outros bos resultados que quedaron sen medalla por pouco, permitiron ao club Sapo volver ocupar a terceira posición como mellor equipo galego de salvamento deportivo absoluto.
Así, é de destacar o doceavo posto de Lucía Villaverde en bandeiras, o noveno de Ángela Peleteiro en carreira con ski de salvamento, o sétimo posto de Ainhoa Rodríguez en ocean, o cuarto posto de carreira con táboa de salvamento de Martín Tenorio, o quinto posto de rescate con táboa das parellas Bruna Nyckelle-Ainhoa Rodríguez e de Jorge Calvo-Daniel Galiñanes, e o quinto posto do relevo masculino de rescate con tubo.
O campionato galego absoluto pon punto final a esta tempada.