Oito xogadores do Waterpolo Galaico infantil gozan do Campionato de España por Autonomías
Por Redacción
Ata oito xogadores do equipo infantil do Club Waterpolo Galaico participaron coa Selección Galega no recente Campionato de España por Autonomías celebrado en Madrid.
Pablo Sueiro, Pablo Teijeira, Juanjo Roca, Luis Mosquera, Iago Facal, Eric Tacón, Aarón Tellería e Artai Poses puideron disputar cinco partidos ante equipos de gran nivel, perdendo catro deles e gando o último para finalizar en novena posición.
Galicia debutou no torneo contra a que a posteriori sería a campioa, Cataluña, encaixando un contundente 32-1. Nos seguintes partidos os galegos enfrontáronse ao País Vasco (8-1), Andalucía (16-5) e Aragón (13-11), gañando o último choque ante o combinado murciano (11-1).
Ao finalizar o campionato dous waterpolistas do Galaico, Pablo Teijeira e Juanjo Roca, participaron nunha concentración cos técnicos da Federación Española xunto a dous xogadores de cada selección.