Goleada de escándalo do Arosa ao Unión Grove (8-1) para seguir soñando cos primeiros postos
Por Redacción
O Arosa segue de doce tras a chegada de Piscis ao banco da Lomba e segue crendo nunha remontada que lle leve aos postos de ascenso, agora a seis puntos de distancia.
Os de Vilagarcía pasaron por enriba de Unión Grove (8-1) cunha avultada goleada que puido mesmo ser maior se o porteiro visitante Andro non desvaratase ningunha das claras ocasións que concedeu a branda defensa do Unión.
Hugo, ÿscar (2), Martín, Eloy (2), Camiño e Xullo fixeron os goles locais, mentres Ameneiro fixo o tanto da honra para o Grove.
AROSA SC (8): Jorge Pérez, Santi, Juanjo, Comesaña, Martín, Rivas (Roberto, min.57), Vixo (Julio, min.65), Hugo (Nando, min.79), ÿscar, Camiño, Eloy.
USD O GROVE (1): Andro, Miguel (Muelles, min.74), Anxo, Iago Nogueira, Borja, Alexis, Ameneiro (Quique, min.74), Turu (Félix, min.46), Ramón, Álex, Mateo.
Árbitro: Casal Fernández (Vigo). Amoestou a los locales Nando e Vixo e aos visitantes Borja, Anxo, Iago Nogueira, Turu, Iván e Álex.
Goles: 1-0 Hugo, min.15; 2-0 ÿscar, min.19; 3-0 Martín, min.31; 4-0 Eloy, min.35; 4-1 Ameneiro, min.51; 5-1 ÿscar, min.56; 6-1 Eloy, min.70; 7-1 Camiño, min.74 de penalti; 8-1 Julio, min.87.
Incidencias: Partido disputado na Lomba, Vilagarcía.