Malleira do Sporting de Gijón a un Pontevedra xuvenil que malia a derrota (7-1) asegura a permanencia
Por Redacción
Non tivo opcións o Pontevedra xuvenil en Gijón ante un Sporting que se xogaba moito máis que os granates no seu intento de acompañar o Celta nos postos de honra da táboa. A contundencia do marcador final pode facer pensar que non hai escusa para os granates, que encaixaron a maior goleada da tempada, ou non deron o talle neste partido, e non obstante nada máis lonxe da realidade.
Aínda que soe estraño a vitoria asturiana viuse facilitada por unha labor arbitral absolutamente desafortunada, concedendo ata catro dos goles gijoneses precedidos de claras situacións de fóra de xogo non sinaladas, que sacaron aos granates do partido, permitindo a goleada.
O duro correctivo sufrido, non obstante, viuse adozado polas noticias que chegaban procedentes doutros campos, onde os equipos que ocupan postos de descenso perdían os seus partidos, permitindo que o Pontevedra, a pesar desta derrota, confirme matematicamente a permanencia na División de Honra xuvenil, a falta de tres xornadas para o final de liga, obxectivo que co titubeante comezo da competición fixo albergar serias dúbidas de poder alcanzar.
SPORTING DE GIJÿN (7): Chechu (Samu, min. 60); Pelayo, Mikel, Omar (Álvarez, min. 60), David, Abdú (Chus, min. 65), Álvaro, Cristian (Steven, min. 35), Castro, Ibi e Ramón.
PONTEVEDRA, C.F. (1): Lucas; Puyi, Yago (Joni, min. 38), Marou, Bruno, Tomás, Dani, Kevin (Bugallo, min. 46), Buba (Pibe, min. 80), Jaime e Kike (Brais, min. 46).
Árbitro: Jaime Ruiz Álvarez (Asturiano). Amoestou a Adbú, Yago, Kike y Brais.
Goles: (1-0) Minuto 14: Castro. (2-0) Minuto 36: Steven. (3-0) Minuto 38: Castro. (4-0) Minuto 60: Álvarez. (5-0) Minuto 62: Álvarez. (6-0) Minuto 70: Steven. (7-0) Minuto 83: Ibi. (7-1) Minuto 85: Pibe.
Incidencias: Campo número 1 da cidade deportiva de Mareo (Gijón). Uns 100 espectadores.