Optimismo granate antes da primeira batalla polo ascenso: "Vamos a lucharlo hasta el final"
Por Diego Espiño
O plantel do Pontevedra augura "una elimintaoria muy igualada" ante o Real Murcia, ao que deixan o papel de favorito pero ao que mandan un aviso: "nosotros vamos a lucharlo hasta el final".
Así o verbaliza Iker Alegre en nome do resto dos seus compañeiros, futbolista que se está convertendo no principal reforzo do equipo no tramo final da tempada tras superar por completo unha grave lesión de xeonllo. "En el momento que me lesioné firmaba llegar a estas alturas en esta forma", recoñece tras ver porta nas dúas últimas xornadas da liga regular e atoparse cómodo sobre o terreo de xogo.
Iker Alegre: "Son superiores a nosotros pero en estas eliminatorias tan competidas puede pasar cualquier cosa"
O asturiano é dos xogadores con experiencia en fases de ascenso a Segunda, por iso non se corta á hora de analizar o primeiro cruzamento do play-off, sinalando que "ellos por potencial es evidente que son superiores a nosotros pero en estas eliminatorias tan competidas puede pasar cualquier cosa".
A iso agárrase un cadro granate que apela ao traballo e á ilusión para cotrarrestar ese potencial. Con todo "es una eliminatoria de 180 minutos y yo creo que el partido de aquí tampoco va a ser decisivo a la hora del resultado final", defende.
Alegre cre ademais que o facer os deberes durante a tempada regular, na que disputar o play-off non era un obxectivo prioritario, debe servirlles para xogar sen presión "y saber que a ellos allí se les va a exigir y todo ese apoyo igual se les puede volver en contra".
O CUARTEL XERAL DO MURCIA, EN MOAÑA
O Real Murcia emprendeu á primeira hora deste xoves a viaxe por estrada a Pontevedra nunha expedición na que non viaxaron o lesionado Isi e tampouco, por decisión técnica, Alberto López, Fran Morante e Rubén Ramos.
O club pimentonero decidiu establecer o seu cuartel xeral ata o sábado en Moaña na busca dunha maior tranquilidade. Tras chegar a última hora do xoves a terras pontevedresas, ten previsto realizar unha sesión de adestramento o venres no campo vigués do Vao, lugar no que o Coruxo disputa os seus encontros de liga na Segunda División B.
Relacionadas:
-
A contundencia e oficio do Real Murcia deixan ao Pontevedra a mercé dun milagre (1-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra nunca se rende
Por Diego Espiño |
-
Froiz reparte 1.000 entradas 'xove' para o Pontevedra-Murcia
Por Redacción |
-
Ascender co Pontevedra, co Celta ou gañar o Mundial: Que recordo emociona máis ao doutor Cota?
Por Diego Espiño |
-
A venda de entradas para o Pontevedra-Murcia, a bo ritmo
Por Redacción |
-
Así é o Real Murcia, un xigante que loita por volver á elite
Por Diego Espiño |
-
Luisito: "Necesitamos o estadio ata a bandeira"
Por Diego Espiño |
-
Coñece o prezo de entradas e suplementos de socios para o partido ante o Murcia
Por Redacción |
-
Real Murcia, primeiro escollo cara a Segunda División
Por Redacción | Creada e actualizada