O Club de Tenis Pontevedra dá o nivel na División de Honra Cadete
Por Redacción
As pistas do Club de Tenis Pontevedra na Caeira gozaron durante a fin de semana das mellores promesas autonómicas da raqueta na fase final do Campionato Galego Cadete por Equipos de División de Honra.
O equipo local protagonizou un gran torneo e quedou a un só paso do título na categoría feminina, na que avanzou ata a final para perder no enfrontamento definitivo ante o Club Tenis Coruña (3-1). Antes superaran na semifinal ao CCD Sanxenxo polo mesmo tenteo.
En canto á competición masculina, o equipo do Club de Tenis Pontevedra superou os cuartos de final gañando ao USC (3-1), pero cedeu na semifinal ante Ureca (2-3). O vencedor foi tamén o Club de Tenis Coruña.
MERCANTIL, SUBCAMPIÓN GALEGO ALEVÍN
O outro club tenístico da cidade, o Mercantil, foi protagonista no autonómico de categoría alevín ao plantarse na final, na que perdeu ante o Club de Tenis Coruña nunha fase celebrada na localidade herculina.