Saleta Castro estrea tempada e equipo cun segundo posto no TriSantaCruz
Por Redacción
Boa estrea de tempada para Saleta Castro, na que supoñía ademais a súa primeira carreira defendendo as cores do Itzu Tri Team belga.
A triatleta pontevedresa finalizou en segundo lugar o TriSantaCruz, en Tenerife, nunha carreira de media distancia que se disputou baixou a franquicia Ocean Lava.
Saleta mantivo un pulso durante boa parte da proba con outra española, Gurutze Frades, que como ela é 'finisher' no Ironman de Hawaii, e coa francesa Camille Delingny ata que esta tivo que abandonar por un problema no sector ciclista.
Finalmente Gurutze superouna tras distanciarse no tramo final de bicicleta e consolidar a súa renda na carreira final a pé, impoñéndose cun tempo de 3 horas, 58 minutos e 50 segundos. Pola súa banda Saleta chegou a meta logo de 4 horas, 2 minutos e 54 segundos.
"Estoy contenta con mi rendimiento en la prueba aunque las sensaciones en carrera fueron como una montaña rusa", recoñeceu a pontevedresa á conclusión da carreira na súa páxina de Facebook, antes de sinalar que "vamos por el buen camino" e que se atopa "ya centrada 100% en el Ironman de Lanzarote", obxectivo principal que se marcou para esta tempada.
Tamén a través de Twitter expresou as súas sensacións en Tenerife, nunha carreira que asegurou gozar compartindo quilómetros con Gurutze Frades.
Disfrutando de la primera carrera del año Ocean Lava Tenerife. Contenta con el resultado… https://t.co/3OypYFLJrd
— Saleta Castro (@Saletacastro) 12 de marzo de 2017
Relacionadas:
-
Histórico triunfo de Saleta Castro: a pontevedresa vence con autoridade no Ironman de Maastrich
Por Alejandro Espiño |
-
Pablo Dapena e Saleta Castro, campións galegos de tríatlon sen drafting
Por Redacción |
-
Saleta Castro, quinta no Ironman de Lanzarote
Por Alejandro Espiño |
-
Saleta Castro ficha por un equipo belga
Por Redacción |
-
O tríatlon pontevedrés traslada o seu cuartel xeral a Lanzarote
Por Diego Espiño |