O Froiz insiste coa Copa de España no Trofeo Guerrita
Por Redacción
Di o refrán que á terceira vai a vencida, e a iso agárrase o Grupo Deportivo Supermercados Froiz para reengancharse á Copa de España Elite e Sub-23 despois de dúas carreiras discretas do equipo.
A escuadra pontevedresa participará o vindeiro domingo 12 de marzo no XXVI Trofeo Guerrita que se celebra na localidade murciana de Alcantarilla.
Serán 148 quilómetros de percorrido nos que se mestura o terreo chairo con tres ascensións, dúas delas de terceira categoría e outra máis de primeira categoría, pouco despois do ecuador da carreira.
Ángel de Julián, con 60 puntos, chega como mellor ciclista do Froiz na clasificación xeral da Copa no posto 30, mentres Martín Bouzas acumula 38 puntos e Antonio Portela 34. Son os tres corredores do equipo dentro dos 50 mellores da competición, dominada ata agora por Gonzalo Serrano (Caja Rural), vencedor das dúas primeiras carreiras do calendario.
De Julián, Bouzas e Portela estarán no Trofeo Guerrita, acompañados por Alejandro Regueiro, Martín Lestido, Miguel Ángel Alcaide e Germán Rincón, estreando os dous últimos participación na Copa de España.
Relacionadas:
-
Pedro Merino dálle ao Super Froiz a vitoria no Trofeo Iberdrola en Zamora
Por Redacción |
-
O Froiz recobra moral na Copa de España cun segundo posto de Martín Lestido no Trofeo Guerrita
Por Redacción |
-
Frustrante fin de semana de competición para o Froiz
Por Redacción |
-
Agridoce estrea do Froiz na Copa de España
Por Redacción |