A febre Harlem Shake convulsiona o Waterpolo Galaico
Por Anxo Lourido
Que é un Harlem Shake? ÿ a pregunta que se farán moitos que descoñezan este movemento impulsado dende as redes en xaneiro de 2013. Trátase de vídeos virais coa música do tema Harlem Shake seguindo o ronsel dunha gravación cun gag do cómico Filthy Frank.
A moda chegou a Pontevedra e nada menos que ao Waterpolo Galaico. Os rapaces deste club decidiron facer unha dobre versión do tema ao bordo da piscina e con gran sentido do humor. No seu blog xa colgaron que "non íbamos a ser menos que otros equipos" e engadían que "siempre viene bien eliminar tensión con un poco de humor, y en este EQUIPO tenemos de sobra!"
Os do Waterpolo Galaico seguen a formulación habitual nestes vídeos de comezar cunha persoa bailando o tema en solitario durante 15 segundos, rodeado por outros compañeiros que non poñen atención. Prodúcese un cambio de ritmo e ao final, todo o grupo baila durante outros 15 segundos, con pouca roupa ou con disfraces absurdos e golpeándose con estraños obxectos.
O vídeo subiuse este martes 5 e xa está a lograr un importante éxito nas redes sociais. Aquí podedes velo: