Preto do 700 deportistas inscribíronse xa na terceira edición da Pontevedra 4 Picos
Por Redacción
Falta moito aínda para a data escollida para a súa celebración, os días 22 e 23 de abril, pero a terceira edición da Pontevedra 4 Picos Bike & trail apunta a éxito de participación.
No primeiro prazo de inscrición habilitado, con prezos reducidos, que finalizaba este mércores 30 de novembro, anotáronse ata 692 deportistas nas súas diferentes modalidades.
A maior parte deles fixérono nas probas de BTT (622), repartidos entre a opción longa de 132 quilómetros e a curta de 67. Pola súa banda 17 deportistas confirmaron a súa inscrición no trail, onde a principal novidade nesta edición será a carreira ultratrail de 55 quilómetros que se suma ás opcións coñecidas de 17 e 33 quilómetros.
Por último 53 persoas inscribíronse na categoría combinada, na que mesturarán a actividade de BTT e Trail.
O segundo dos tres prazos de inscrición da Pontevedra 4 Picos prolongarase agora ata o día 28 de febreiro a través da web www.pontevedra4picos.com.
Relacionadas:
-
Peche coas modalidades de trail á terceira edición da Pontevedra 4 Picos
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Pontevedra 4 Picos, unha auténtica festa do ciclismo BTT na súa terceira edición
Por Diego Espiño |
-
A terceira edición da Pontevedra 4 Picos, camiño dos 2.000 participantes
Por Diego Espiño |
-
Tres días de competición, 8 etapas e 550 quilómetros: Nace a Epic Race Pontevedra de BTT
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- 130 quilómetros e 2.700 metros de desnivel acumulado para a primeira 4 Picos Road
Por Redacción |
-
A Pontevedra 4 Picos terá tamén versión en estrada coa Clásica Evaristo Portela
Por Redacción |
-
Un ultratrail de 55 quilómetros, novidade para a terceira edición da Pontevedra 4 Picos
Por Diego Espiño |
-
O Trail pon a guinda á segunda edición da Pontevedra 4 Picos
Por Redacción |
-
Choiva, barro e épica na segunda edición da Pontevedra 4 Picos
Por Diego Espiño & Diego Torrado |