Un ultratrail de 55 quilómetros, novidade para a terceira edición da Pontevedra 4 Picos
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Dous anos bastaron para situar a Pontevedra 4 Picos Bike &Trail como unha das citas obrigadas do calendario deportivo da cidade. Por eso a organización do evento traballa xa na que será a súa terceira edición, fixada para os días 22 e 23 de abril de 2017.
A principal novidade nesta ocasión chegará coa creación da categoría 'ultratrail', cunha esixente proba de 55 quilómetros de percorrido a pé que se une ás de aproximadamente 15 e 33 quilómetros das pasadas edicións.
Máis madeira para unha proba deportiva que o pasado ano estivo marcada pola épica, expecialmente na modalidade de BTT, onde preto de 1.900 participantes tiveron que afrontar unhas duras condicións meteorolóxicas.
Esta vez, aínda que faltan por desvelar os detalles concretos, preténdese repetir o formato, con dúas opcións de BTT de 66 e 132 quilómetros de percorrido con saída no centro urbano de Pontevedra e ascensións aos altos de Castiñeiras, A Fracha, Monte Acibal e A Escusa.
O prazo de inscrición para participar na III Pontevedra 4 Picos Bike &Trail abrirá o próximo 24 de novembro na páxina web www.globaldxt.com.
Mentres tanto, e para quentar motores, a organización publicou un vídeo promocional do evento.