Unión Grove, Sanxenxo e Portonovo afúndense na clasificación de Preferente
Por Redacción
A postos de descenso caeu o Unión Grove tras perder no Monte da Vila ante o Valladares (1-2).
O cadro meco adiantouse no marcador ao fío do descanso grazas a un gol de Diego Blanco, pero víronse superados na segunda metade e o equipo visitante remontou con tantos no minuto 67 e no 73.
Con este resultado o Unión Grove cae á penúltima posición de Preferente con 9 puntos.
Consulta aquí o acta do Unión Grove-Valladares.
Non levanta cabeza tampouco o Xuventú Sanxenxo, que encaixou no campo do Moaña a súa quinta derrota consecutiva (3-0).
O choque foi máis igualado do que reflicte o marcador final, xa que se decidiu no último cuarto de hora, cando chegaron os tres goles locais, xogando os amarelos é inferioridade numérica por expulsión de Adrián Freire.
O Sanxenxo é agora décimo quinto con 11 puntos.
Consulta aquí o acta do Moaña-Xuventú Sanxenxo.
Tampouco o Portonovo foi capaz de gañar en Baltar ante o Porriño Industrial (2-3) e mantense na zona baixa, décimo terceiro con 11 puntos.
O cadro arlequinado foi sempre por baixo no marcador, pero tivo a opción de sacar algo positivo xogando en superioridade numérica. Buba aproveitou para recortar distancias e poñer o 2-3, pero aínda que os de Borja Burgos tentárono non foron capaces de empatar no tramo final.
Relacionadas:
-
Gañan Xuventú Sanxenxo e USD O Grove mentres o Portonovo sae goleado de Ourense
Por Redacción |
-
Toman aire Portonovo e Xuventú Sanxenxo mentres se complica USD O Grove
Por Redacción |
-
Respira o Unión Grove cun claro triunfo, o Sanxenxo salva un punto e o Portonovo volve caer
Por Redacción |
-
Portonovo, Sanxenxo e Unión Grove miran á zona baixa
Por Redacción |