Xixón espera ás cadetes da Sociedad Gimnástica
Por Redacción
Os atletas da Gimnástica preparan estes días a que será unha nova tempada deportiva, pero uno dos seus equipos debe aínda pechar a campaña 15/16 co último Campionato de España.
O equipo cadete feminino do club pontevedrés estará este sábado 8 de outubro en Xixón na final de consolación do Nacional.
A Gimnástica pelexará por un posto entre o noveno e o vixésimo primeiro lugar, despuées de non entrar na final polo título.
Os seus rivais no encontro asturiano serán o equipo local, Estadio Gijón, outro galego como o AVA de Vigo e o Valladolid, Piélagos e Santurtzi. Pamplona e a localidade valenciana de Torrent acollerán as outras dúas finais B.
O obxectivo pasa por mellorar a decimonovena posición lograda hai un ano, na que era a súa primeira participación neste campionato.
O equipo da Gimnástica estará composto por: Cristina Garrido, Daniela Doporto, Mónica Junquera, Adela Ardao, Blanca Armenteros, Paola De Montis, Andrea Villaverde, Laura Prieto, Clara Rivas, Marta Ortega, Alesandra Campo, Paula Argibay, Marta Burés, María Jiménez, Iria Filgueira, María Touriño e Pilar Fernández.