A base do Leis inicia a tempada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As categorías inferiores do Leis Pontevedra volveron estes días á actividade iniciando así unha tempada na que volverán ter equipos en todas as idades, desde a 'baby' e prebenxamín ata a xuvenil.
Durante as dúas primeiras semanas, o club pontevedrés permitirá adestrar de maneira gratuíta a todos os nenos interesados en probar o fútbol sala, ata o día 23 de setembro, co obxectivo de lograr captar novos xogadores.
O obxectivo pasa por tentar chegar á cifra de pasados anos, con 20 equipos e preto de 230 xogadores federados.
Ante as obras no Pavillón Municipal dos Deportes, polo momento os equipos desenvolverán a súa actividade nos pavillóns de Xunqueira II e Marcón.
Ata mediados de outubro as categorías de formación non se estrearán en competición oficial. Mentres tanto, a dirección deportiva traballa en pechar diversos compromisos amigables que sirvan de preparación das respectivas ligas.