Deporte en familia e para todos no Pontillón do Castro coa segunda edición de Brincadeira
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A contorna do encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, acollerá o vindeiro sábado 10 de setembro a segunda edición de Brincadeira.
A Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASEII) organiza unha xornada lúdica e deportiva "aberta ao público familiar e todos os colectivos e asociacións" que traballan con persoas con discapacidade.
A idea é "concienciar á xente que independentemente da enfermidade podemos facer calquera tipo de actividade", sinalaron na presentación da xornada.
Desde as 10:30 e ata as 20:00 horas os asistentes gozarán de diferentes xogos, poderán probar actividades deportivas como o padel surf ou completar unha ruta de sendeirismo. Ademais prepararase unha xincana final "por todo o Pontillón".
A pesar de ser aberta a todos os que queiran participar e de balde, ASEII solicita que o sinteresados en acudir o confirmen a través do correo electrónico digestivo.pontevedra@gmail.com ou no teléfono 698 191 366.