Alta inscrición no XVI Tríatlon Cidade de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A cidade de Lérez vivirá este sábado 27 de agosto unha nova xornada de tríatlon co XVI Tríatlon Cidade de Pontevedra, que contará cunha alta participación.
Un total de 394 deportistas inscribíronse nas diferentes categorías, desde o Nada e Corres para as categorías inferiores (23 deportistas), pasando pola proba Popular Minisprint (83), Popular Sprint (160) e as carreas do Campionato Galego Absoluto Feminino (50) e Masculino (78).
Nestas últimas figuran triatletas de nivel como o vigués Antonio Serrat na categoría masculina e as irmás Camila e Melina Alonso e Carmen Gómez Cortés na feminina. Ademais tamén tomará a saída a nadadora olímpica Bea Gómez Cortés, que este verán decidiu facer unha inscursión neste deporte.
A actividade iniciarase co Nada e Corre para as categorías benxamín e alevín, ás 15:15 horas, e continuará coas competicións populares Minisprint (15:30 horas) e Sprint (16:30).
Tras eles a triatleta paralímpica Susana Alonso realizará un test de preparación para Río ás 17:30 horas, e o Campionato Galego dará a súa saída ás 18:10 horas para as mulleres e ás 19:10 horas para os homes.
As probas absolutas, previstas en distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé), partirá na contorna de ponte dos Tirantes cun circuíto de ciclismo que trasncurrirá pola zona campus e Avenida de Compostela e un tramo a pé que subirá ata Monte Porreiro.