O ascenso, obxectivo irrenunciable dun renovado filial granate
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f64/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/579f9fe1c0-img_9851.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/15a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/579fa034ce-img-20160801-wa0020.jpg)
© Pontevedra Cf SAD
Formar xogadores e sobre todo ascender a Preferente. Son os obxectivos irrenunciables do Pontevedra B para a tempada 2016/2017.
O filial granate, con Santi Mariño como novo responsable deportivo, botou a andar este luns no Estadio Municipal de Pasarón con moitas caras novas e algunha sorpresa, como a fichaxe do ex-futbolista do primeiro equipo Ibrahim Baptiste.
O francés, que a pasada campaña xogou no Marcón, asinou en 2005 polo primeiro equipo granate tras unha exitosa proba e agora, máis de dez anos despois, tentará achegar un punto de experiencia a un plantel moi novo.
Só sete xogadores repiten con respecto ao pasado ano, aos que se suman cinco xuvenís que soben de categoría, oito fichaxes, tres futbolistas que están a realizar a pretempada co primeiro persoal (Wadir, Álex e Brais) e oito xogadores máis en período de proba.