Gómez Noya, tras a operación que lle aparta dos Xogos: "No descarto ir a Tokio"
Por Redacción
Nin nun dos peores momentos da súa carreira Javier Gómez noya perde o seu optimismo e forza de vontade, e é que nunha rolda de prensa no Hospital Policlínico Lucense (Polusa), o pentacampeón mundial xa pensa nos próximos Xogos Olímpicos de 2020.
"No descarto ir a Tokio" aínda que "tampoco lo descartaba antes de la caída, era algo que ya tenía en mente" recoñeceu tras recibir o alta despois da operación de brazo á que foi sometido este xoves e que lle deixa fóra de Río 2016.
O triatleta galego explicou ante os medios como foi a caída que lle ocasionou unha rotura no radio do seu brazo esquerdo: "Iba despacio y aún no sé por qué se me atascó la pedalada. Se me bloqueó, caí por encima de la bici y pasó lo que pasó".
"No pensé que me hubiese hecho tanto daño, a pesar de que en ese momento tenía bastante dolor", completou.
Tras o que define como un "golpe duro", Gómez Noya asegurou que "voy a luchar con ello igual que ya he luchado con otros problemas que he tenido antes en mi carrera".
Agora centrarase en recuperarse "al cien por cien" xa que non conta con ningún obxectivo que lle obrigue a acelerar o proceso. Un tempo que, segundo sinalou, aproveitará para pensar con calma no seu futuro, no que se ve compiendo ao máximo nivel, xa sexa en distancia olímpica ou dando o salto á longa distancia.
Relacionadas:
-
Gómez Noya anuncia a súa intención de competir nun dos catro mundiais que organizará Pontevedra en 2019
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Javier Gómez Noya recibe en Oviedo o Premio Princesa de Asturias dos Deportes
Por Redacción |
-
Gómez Noya, sobre Tokyo 2020: "Será el cuerpo y la mente el que cada año me vaya diciendo lo que debo hacer"
Por Diego Espiño |
-
Patrocinio olímpico dunha cidade "orgullosa" dos seus deportistas
Por Diego Espiño |
-
Avalancha de mensaxes de apoio a Gómez Noya tras o seu adeus aos Xogos de Río
Por Redacción |
-
Gómez Noya rompe un brazo adestrando e pérdese os Xogos Olímpicos
Por Redacción | Creada e actualizada