Sanxenxo despídese da Liga Europea de fútbol praia con triunfo para España
Por Redacción
De éxito organizativo e de público pode cualificarse a liga Europea de fútbol praia en Sanxenxo.
No terceiro e último día de competición o estadio instalado na praia de Silgar volció a presentar un grande ambiente, con máis de 2.000 persoas nas bancadas, para seguir as evolucións das 13 seecciones nacionais presentes.
A gran triunfadora foi España, que no partido que pechaba o torneo impúxose por un emocionante 2-1 a Ucraína facendo pleno con tres partidos gañados e clasificándose para a Superfinal da Liga Europea como líder imbatido.
Korniichuk adiantaba ao conxunto ucraíno no primeiro acto, pero Dris empataba antes do descanso e Ezequiel daba a volta ao electrónico pouco despois.
O partido contou de novo cun invitado de luxo, que foi esta vez o futbolista do Celta de Vigo Iago Aspas. "A min o fútbol praia encántame, polo seu xogo espectacular, as chilenas... Eu xoguei moitísimas veces", recoñeceu o de Moaña.
No Grupo B da competición o gañador foi Suíza, tras gañar o seu último choque ante Portugal (1-2). Ademais o español Kuman foi nomeado mellor xogador do torneo.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, entregou o trofeo á selección española como campioa do torneo de Sanxenxo. Os demais premios entregáronos o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán; o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita; o vicepresidente executivo de Beach Soccer Worldwide, Joan Cuscó; o presidente do Comité Nacional de Fútbol Praia da RFEF, Diego Martínez; e o presidente do Grupo Interrías, Carlos Troncoso.
Relacionadas:
-
Andalucía e Murcia coróanse na area de Silgar
Por Redacción |
-
A emoción do fútbol praia regresa a Sanxenxo
Por Redacción |
-
Xornada de visitas ilustres e bo ambiente nas bancadas de Silgar
Por Redacción |
-
Emoción e goles no arranque da Liga Europea de Fútbol Praia
Por Redacción |
-
Tres días do mellor fútbol praia europeo en Silgar e pola cara
Por Redacción |
-
Silgar acollerá en xullo unha xornada da Liga Europea de fútbol praia
Por Redacción |