Primeiros quilómetros para o Súper Froiz 2013
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Lourido foi o escenario da primeira xornada de adestramento do Grupo Deportivo Supermercados Froiz 2013.
Os de Evaristo Portela recibiron o seu novo material e fixeron a tradicional foto de familia antes de botarse á estrada para protagonizar os primeiros quilómetros dun ano no que esperan volver proclamarse como mellor equipo elite e sub-23 de España.
Os ciclistas rodaron durante un par de horas nunha ruta pola costa que lles levou ata San Vicente do Mar (O Grove).