Festa de final de tempada para a sincronizada galega no Casino Mercantil
Por Redacción
As instalacións do Casino Mercantil en Mourente acollerán o vindeiro luns 27 de xuño o VIII Trofeo Concello de Pontevedra de Natación Sincronizada.
Será o "final de fiesta y temporada" para os clubs galegos, segundo sinalou a presidenta do Club Natación Sincronizada Pontevedra, Teresa Pérez.
En total reuniranse na cita 350 nenas de 5 a 17 anos, nunha competición que contará con nove clubs participantes: CNS Pontevedra, Galaico Sincro, Aguamarina, CN Coruña, Rías Baixas, Narón, Ourense Sincro, RCN Vigo e Aquatic Oleiros.
O torneo, que contará con exhibicións de equipos de nivel, desenvolverase en dobre sesión, de 11:30 a 13:15 horas pola mañá e de 16:30 horas a 18:45 horas pola tarde.
A entrada para o público será de balde.