Vitoria balsámica do Pontevedra B (0-2) en O Carballiño fronte ao Arenteiro
Por Redacción
Necesitaba gañar o Pontevedra B para afastarse do descenso e fíxoo fronte a un Arenteiro que se empregou con dureza e como consecuencia rematou o partido con dous homes menos por senllas expulsións de Sotelo, no minuto 23, e de Méndez, no 83.
Javi Pazos adiantou ao filial granate antes do descanso. Non obstante o Arenteiro tivo a súa ocasión instantes despois cando Cristóbal comete penalti ao empurrar a Soares. Dabarca encárgase de lanzar o máximo castigo, pero Lucas consegue deter o seu disparo.
A segunda parte estivo marcada polas lamentables condicións do terreo de xogo, que non permitiu o lucimento, ata que Víctor fixo o segundo gol visitante sentenciando o partido.
ARENTEIRO (0): Macías, Prada, Sotelo, Carlos, Dabarca, Dacosta (Juampe, min. 77), Bardelas (Marquina, min. 82), Piñeiro, Soares (Yago, min. 66), Álex e Méndez.
PONTEVEDRA B (2): Lucas, Uru, Alves, Cristóbal, Anxo, Héctor, Víctor, Paco (Portu, min. 60), Javi Pazos (Pingüi, min. 90), Diego (Dani Adán, min. 83) e David Eirín (Pedro, min. 56).
Árbitro: Cinza Seoane (Ferrol). Expulsou con tarxeta vermello directo a Sotelo no minuto 23 por unha dura entrada sobre Paco, e a Méndez no minuto 83.Amonestó a Prada, Carlos, Dabarca, Álex, Méndez, Alves, Cristóbal e Pingüi.
Goles: (1-0) Minuto 41: Javi Pazos. (2-0) Minuto 85: Víctor.
Incidencias: Campo Municipal de O Espiñedo (Carballiño). Uns 130 espectadores.