Despedida festiva para a Escola Municipal de Atletismo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Xornada de puro atletismo a vivida este luns no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Durante a mañá, a pista do CGTD foi escenario do Campionato Provincial Escolar, no que participaron 130 alumnos de 5º de Primaria de 19 centros educativos.
Xa pola tarde, o mesmo escenario viviu o festival de despedida da tempada da Escola Municipal de Atletismo que xestiona a Sociedad Gimnástica co apoio do Instituto Municipal de Deportes.
Preto de 200 novos atletas, de entre 5 e 15 anos, participaron no evento poñendo en práctica o aprendido ao longo do curso.
A actividade da Escola Municipal de Atletismo retomarase de novo no próximo mes de outubro.
Festival fin de curso da Escola Municipal de Atletismo
CC BY-NC-SA PontevedraViva