A sorte vira as costas a un Arxil que volve acariciar a vitoria pero cae (58-61) fronte ao Aros León
Por Redacción
Como unha especie de mal fario perseguise ao Arxil esta tempada. De novo escápase a ansiada primeira vitoria nos últimos compases dun partido intenso, trepidante en ocasións e non exento de polémica arbitral. O resultado final (58-61) favorable ao equipo leonés non fai xustiza ao visto sobre a cancha, pero si é consecuencia da falta de acerto en momentos decisivos, así como desa mínima dose de fortuna que se lle segue negando ao cadro de Mayte Méndez.
As pontevedresas fixeron un fenomenal primeiro cuarto (14-5), pero responderían as visitantes no seguinte cun parcial de 9-0, aínda sen poder evitar que o Arxil se retirase cunha mínima vantaxe ao descanso. A igualdade presidiu o terceiro parcial, deixando a resolución para o último cuarto no que unha discutida falta en ataque, con técnica a Mayte Méndez, permiten ás leonesas poñerse 6 puntos por diante.
Non se rendeu o Arxil, que con 58-59 no marcador tivo unha acción de ataque para poñerse por diante a falta de 28 segundos. Non acertou Sandra Entenza e o Aros sentenciou con dous tiros libres transformados.
C.B. ARXIL (58): Sandra Entenza (6), Ana Martín (6), Carla Fernández (4), Zara Huntley (9), Olga Fedorova (14) -cinco inicial-, Andrea Carrera (10), Jara Tuda (4), Estefanía López, Cristina Díaz-Pache e Natalia Soage (5).
AROS LEÿN (61): Natalia López (21), Débora González (9), Isabel García (6), Patricia Benet (11), Sandra Martínez (13) -cinco inicial-, Ana Rivilla, Virginia Martínez e Teresa López (1).
Árbitros: Martín e Huete. Eliminadas: Olga Fedorova e Natalia López.
Marcadores parciais: 14-5, 14-21 (28-26, descanso), 11-18 (39-44) e 19-17 (58-61, final).
Incidencias: Pavillón de Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra). Ao redor de 200 espectadores.