A lesión de Lucía Méndez pasa factura o Feel Cortegada que perde (58-45) fronte ao Celta Selmark
Por Redacción
A defensa en zona do Celta Selmark e a desgraciada lesión de Lucía Méndez, quen uns minutos antes do descanso sufriu unha caída de costas que obrigou ao seu traslado a un centro asistencial, despois de permanecer tendida cun colariño tras os bancos uns minutos, foron demasiado obstáculo para o Feel Cortegada, que encaixou a súa segunda derrota consecutiva por un resultado tan claro (58-45) como absolutamente inesperado.
E iso que os comezos foron dominados polo cinco vilagarciano, cunha Andrea Ríos que resultaba imparable para as viguesas, ata que con 11-18 no marcador o técnico local, Carlos Colinas, pide un oportuno tempo morto, axusta a defensa e cun parcial de 6-0 equilibra a contenda. Logo virían a desgraciada lesión de Lucía Méndez, que pesou máis na mente que no xogo visitante, permitindo ao Celta tomar as rendas nada máis comezar a segunda parte e encarrilar unha sorprendente vitoria.
CELTA SELMARK (58): Marta Canella (2), Marina Delgado (17), Noelia Oliva (6), Laura Alonso, Sabelle Diata (12) -cinco inicial-, Cristina Loureiro (3), Débora, Sara Méndez, Verónica, María Centeno (8) e Alejandra Quirante (10).
FEEL CORTEGADA (45): Onayssa Sbahi (10), Salomé, Ylenia Manzanares (9), Lucía Méndez (2), Andrea Ríos (20) -cinco inicial-, Alejandra Carballa, Montse Gilabert (4) e Lara Pazos.
Árbitros: Gabriel Carballo e Álvaro Cubero. Sen eliminadas.
Marcadores parciais: 6-12, 23-25 (descanso); 36-32, 58-45 (final).
Incidencias: Pavillón de Navia. Uns 200 espectadores. A xogadora do Cortegada Lucía Méndez tivo que ser trasladada a un centro sanitario ao lesionarse nas costas minutos antes do descanso.