Os atletas da Gimnástica, na busca de medalla no Campionato de España Universitario
Por Redacción
O Estadio Monte Romero de Murcia acolle esta fin de semana o Campionato de España Universitario de Atletismo, cunha notable participación de atletas da Sociedad Gimnástica.
Oito deportistas do club pontevedrés buscarán en Murcia polo menos igualar a cifra de tres medallas logradas a pasada tempada.
Unha das grandes esperanzas para iso é Alberto Salcedo, que defende título nos 200 metros e foi bronce nos 100 metros lisos. Tamén repite Alberto Guerrero nos 800 metros, que en 2015 subiu ao podio cunha medalla de bronce.
Completa o equipo pontevedrés Gonzalo Sánchez-Camacho nos 100 e 200 metros, Manuel Castellanos en xavelina, Santi Ferrer en salto con pértega, Víctor Gallego en peso, Sergio Paredes en martelo e Ricardo Gayá no triplo salto.