Pablo Dapena abandona a alta competición
Por Diego Espiño
O seu tesón e forza de vontade leváronlle a ser, en 2014, subcampión de España absoluto de tríatlon e a debutar en 2015 nas Series Mundiais en Cidade do Cabo cunha notable actuación. Era o mellor momento de Pablo Dapena, pero as lesións terminaron por apartar ao pontevedrés da alta competición.
Tras un final de 2015 complicado por unha hernia inguinal que lle impedía render ao 100% na carreira a pé, Dapena pasou polo quirófano para solucionar os seus problemas. Falaba entón, no mes de xaneiro, de mes e medio de recuperación, pero "cuando volví a entrenar tuve un problema en el abductor y me empecé a plantear todo", recoñece a PontevedraViva.
Por iso decidiu dar un paso atrás. Superou ao fin os seus problemas físicos e segue a adestrar con dúas sesións diarias, pero xa a menor intensidade e só "para disfrutar del deporte". Con ese obxectivo participará tamén nalgunhas carreiras, como a próxima fin de semana no 113 Swim Ride Run de Sanxenxo.
Pablo Dapena: "Al final del triatlón no se puede vivir y tengo 28 años"
Non se plantexa polo momento volver á dinámica do alto rendemento tamén por motivos económicos, e é que "al final del triatlón no se puede vivir y tengo 28 años", explica. "Yo ganaba dinero pero lo que ganaba lo tenía que pagar para ir a una Copa del Mundo y al final estás entrenando para acabar a cero", completa o triatleta, resignado ao explicar que actualmente do tríatlon "viven diez", os mellores do ránking mundial.
Licenciado en INEF, Pablo Dapena compaxina agora a súa preparación con outros labores, como o adestramento dun grupo de triatletas. Ademais é o director técnico do medio maratón Maralbatur, entre O Grove e Sanxenxo.
Lonxe das oito horas diarias que adestraba ata fai ben pouco, o triatleta pontevedrés seguirá exercitándose a bo nivel e "si me gusta y me motiva seguiré dándole". Ademais, asegura, aínda queda un reto que afrontar aínda que non sexa en primeira persoa: "Ayudaré a Javi (Gómez Noya) lo que pueda hasta Río", sentencia o que foi un dos compañeiros de adestramento do pentacampeón do Mundo durante os últimos anos.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena acaba en segundo lugar no tríatlon de media distancia de Vitoria
Por Redacción |
-
Pablo Dapena e Sonia Pariente triunfan no primeiro 113 Swim Ride Run
Por Diego Torrado |
-
Mes e medio de baixa para Pablo Dapena tras ser operado con éxito en Montecelo
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena pecha a súa tempada cun cuarto posto na Copa Asiática de Hong Kong
Por Redacción |