Presentación dos 16 equipos de todas as categorías que compoñen o C.B. Arxil
Por Redacción
O pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva serviu de escenario ao Club Baloncesto Arxil para presentar a todos os equipos do seu club nesta tempada na que cumpren 28 anos de traxectoria deportiva.
Nun acto conducido por Marita Janeiro foron saíndo unha a unha as máis de 200 xogadoras, 16 adestradores e 25 delegados, dos 16 equipos de todas as categorías que compoñen o club arxilista, comezando polos máis pequenos, o Arxil B de preminibasket, en liña ascendente de categoría, ata chegar ao equipo de Liga Feminina 2 para formar no centro da pista, acompañados da xunta directiva, e realizar a foto de toda a gran familia do C.B. Arxil.
Deste modo, os equipos de Preminibasket (A e B), Minibasket (A, B, C e D, Infantil (A, B e C), Cadete (A, B e C), Júnior, Arxil XXL (que foi a novidade na presentación), Arxil Mafari Café e Arxil de Liga Femenina 2, compuxeron na pista do CGTD un cadro que reflicte a realidade dunha entidade que a pesar de atravesar dificultades deportivas no seu máximo expoñente, demostrou estar máis vivo e activo que nunca.
O ARXIL RECIBE O SÁBADO AO AROS DE LEÿN
Co acto de presentación como pano de fondo, o Club Baloncesto Arxil afronta o sábado ás 19,30 h no pavillón do CGTD a visita do Aros de León, un equipo que na primeira volta derrotara ás de Mayte Méndez por só dous puntos(56-54) pero que dende entón se reforzaron coa incorporación de Patricia Benet, o que lles permitiu estar a loitar por entrar en play off, ocupando a 4ª posición con tan só 5 derrotas.
O cadro pontevedrés afronta o partido co convencemento de que nun partido ou noutro chegará a primeira vitoria, que tantas veces rozaron xa nesta tempada.